Feitos:
Primeiro. O día 20 de outubro de 2026 tivo entrada nesta unidade a solicitude para a inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo galego de centros especiais de emprego en que se indica a fórmula de cálculo correcta da paga de beneficios prevista no artigo 29.3 do convenio colectivo.
Consideracións legais e técnicas:
Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, as competencias que como autoridade laboral lle corresponden á consellería, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Segundo. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (DEOSE), de convenios colectivos (Rexcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).
Terceiro. O artigo 8 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, regula o procedemento de inscrición de solicitudes de rexistro e convenios e acordos colectivos de traballo e establece que a autoridade laboral competente procederá a ditar resolución ordenando o seu rexistro, depósito e publicación no boletín oficial correspondente.
Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de autoridade laboral,
RESOLVE:
Primeiro. Ordenar o depósito e a inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da comisión paritaria do Convenio Colectivo Galego de Centros Especiais de Emprego, en que se indica a fórmula de cálculo correcta da paga de beneficios prevista no artigo 29.3 do convenio colectivo.
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2026
Susana Pérez Iglesias
Secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais
ANEXO
Acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo galego de centros especiais de emprego
En Santiago de Compostela, ás 13.35 horas do día 26 de maio de 2026, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24, baixo, reúnense as persoas abaixo relacionadas, membros da Comisión Paritaria do Convenio colectivo galego de centros especiais de emprego.
Parte empresarial:
– Esther Blanco Araújo (Cegasal).
– Ignacio Rodríguez Sáez (Cegasal).
– Juan Acevedo Vidal (Cegasal).
– Naiara Goigochea Montero (Cegasal).
Parte sindical:
– Tania Alonso Soto (CC.OO.).
– Armando Iglesias Rodríguez (CC.OO.).
– Juan Manuel Loureiro Taibo (UGT).
– José Antonio Míguez Vila (UGT).
O obxecto da presente reunión é completar a acta da Comisión Paritaria do 18 de maio de 2026. Despois do oportuno debate e exposición de posturas por todas e cada unha das representacións presentes, acordan por unanimidade o seguinte:
Primeiro. Como complemento e aclaración do acordado na reunión do 11.2.2026, manifestamos que a fórmula de cálculo correcta da paga de beneficios prevista no artigo 29.3 do convenio colectivo é a seguinte:
[(0,25 × Beneficios neto/nº de persoas traballadoras) ÷ 360 días] × [Días cotizados individualmente-Descontos art. 29.2.b].
Segundo. As partes acordan delegar no habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicación do presente acuerdo ante a autoridade laboral competente.
E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión ás 14.00 horas do día sinalado no encabezamento, e redáctase para o efecto a presente acta, que asinan en proba en conformidade as persoas abaixo relacionadas en representación de cada unha das organizacións presentes:
Tania Alonso Soto (CC.OO.)
José Antonio Míguez Vila (UGT)
Ignacio Rodríguez Saez (Cegasal)
