DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 12 de novembro de 2026 Páx. 56738

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2026 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 16 de xullo de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 142, do 30 de xullo) pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos do programa Neotec do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) na súa convocatoria do ano 2025, e pola que se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (Programa recuperación excelencia Neotec)

De acordo co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como no artigo 35 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

1. Facer público no Diario Oficial de Galicia o resultado do proceso de concesión das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 16 de xullo de 2026 (DOG núm. 142, do 30 de xullo) pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos do programa Neotec do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) na súa convocatoria do ano 2025, e pola que se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (Programa recuperación excelencia Neotec), que se financiarán segundo figura no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Ano 2026

Ano 2027

Ano 2028

07.A2.561A.770.0 (CP 2023 00007)

282.512,06 €

888.340,99 €

379.146,15 €

2. A relación de subvencións concedidas figura no anexo I.

3. O pagamento destas axudas realizarase conforme ao establecido no artigo 29 da resolución de convocatoria.

4. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada nos artigos 27 e 28 da resolución de convocatoria no prazo establecido no artigo 26 no seu punto 9.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2026

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Subvencións concedidas (por orde de prelación temporal, segundo o establecido no artigo 2 da convocatoria)

Código expediente

Nome entidade

NIF

Orzamento total

Axuda total

Axuda anualidade 2026

Axuda anualidade

2027

Axuda anualidade

2028

IN870A-2026-00000001-00

Slimop Space, S.L.

B72803455

412.117,00 €

250.000,00 €

123.284,16 €

126.715,84 €

0,00 €

IN870A-2026-00000002-00

Sedna International Institute, S.L.

B10842987

382.352,00 €

324.999,20 €

56.066,00 €

166.453,80 €

102.479,40 €

IN870A-2026-00000003-00

Sortcell Analytica, S.L.

B44564375

383.709,00 €

325.000,00 €

44.585,65 €

192.986,40 €

87.427,95 €

IN870A-2026-00000004-00

Nsilica Simulation Technologies, S.L.

B56899800

388.086,00 €

325.000,00 €

36.336,66 €

196.812,56 €

91.850,78 €

IN870A-2026-00000005-00

Corpus Computational Biomechanics, S.L.

B56165293

388.049,00 €

325.000,00 €

22.239,59 €

205.372,39 €

97.388,02 €

1.549.999,20 €

282.512,06 €

888.340,99 €

379.146,15 €