DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 12 de novembro de 2026 Páx. 56740

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2026 pola que se anuncian acordos do Pleno de publicación de tres informes de fiscalización.

De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, anúnciase a aprobación e publicación polo Pleno, con datas do 30 de setembro e do 20 de outubro de 2026, dos informes que a seguir se relacionan:

– Informe de fiscalización do gasto farmacéutico do Servizo Galego de Saúde, exercicio 2023 [1802024-05].

– Informe de fiscalización dos fondos de compensación interterritorial, exercicio 2024 [1502025-01].

– Informe de fiscalización dos controis básicos de ciberseguridade, Concello de Ferrol, exercicio 2024. Actuación [1702024-09].

Ligazón para acceder ao texto completo do informe:

https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2026

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia