A Xunta de Goberno Local, na sesión do 16 de outubro de 2026, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira, con cargo á praza vacante ofertada na oferta de emprego público 2020-2021-2022, de técnico/a de xestión, enmarcada no grupo A de titulación, subgrupo A2; escala Administración xeral; subescala técnica; por quenda libre de:
• N. Pérez Lorenzo, con DNI ***3764**.
A persoa interesada deberá tomar posesión no prazo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia. De non facelo, declararase en situación cesante e consecuentemente decaída no seu dereito.
A este nomeamento dáselle publicidade conforme o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.
Vigo, 19 de outubro de 2026
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 25.9.2025 e
Acordo da Xunta de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal
