DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 12 de novembro de 2026 Páx. 56819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO polo que se aproban as bases e a convocatoria para cubrir a praza de administrativo/a deste concello, mediante o sistema de oposición libre.

Mediante a Resolución de Alcaldía do 9 de outubro de 2026, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir a praza de administrativo/a deste concello, mediante o sistema de oposición.

No Boletín Oficial da provincia, núm. 236, do 15 de outubro de 2026, e núm. 241 do 21 de outubro de 2026 (corrección de erros), aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a selección de persoal funcionario, mediante o sistema de oposición libre, da praza vacante obxecto da convocatoria, cuxas características son:

Grupo

C

Subgrupo

C1

Escala

Xeral

Subescala

Administrativa

Clase

Funcionario de carreira

Denominación

Administrativo/a

Núm. de vacantes

1

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste concello no enderezo https://rábade.sedelectronica.gal

Rábade, 21 de outubro de 2026

Remedios González Cabarcos
Alcaldesa