DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 16 de novembro de 2026 Páx. 57231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de outubro de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión do esbozo do monte veciñal en man común Fonte Abelleira e Cavadiñas, no concello de Verea.

Examinada a solicitude de revisión do esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (en diante, MVMC) Fonte Abelleira e Cavadiñas, pertencentes á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Albos, no concello de Verea, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 27.8.2025 a CMVMC de Albos (Verea) presentou unha solicitude (Rexel núm. 2025/2341113) de revisión do esbozo dos MVMC Fonte Abelleira e Cavadiñas, no concello de Verea.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do Acordo da Asemblea Xeral do 1 de agosto de 2025.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 2.3.2026 en relación coa citada solicitude. O MVMC Fonte Abelleira forma un único couto redondo cun encravado na zona suroeste. Despois da revisión desaparece o encravado. O MVMC de Cavadiñas está formado por tres coutos redondos.

Tendo en conta o anterior, emítese un informe favorable sobre a revisión do esbozo solicitada.

Logo da revisión do esbozo, as superficies resultantes son as seguintes:

– MVMC Fonte Abelleira: 117,51 ha, o que supón unha diminución da superficie dun 6 %.

– MVMC Cavadiñas: 25,62 ha distribuídas entre os tres coutos redondos. Supón unha redución da superficie clasificada dun 17 %.

Consideración legal e técnica:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser revisados axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 2.3.2026, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade, o día 6.10.2026:

Aprobar a proposta de revisión do esbozo dos MVMC Fonte Abelleira e Cavadiñas, pertencentes á CMVMC de Albos, no concello de Verea.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 26 de outubro de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

ANEXO

missing image file