DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 16 de novembro de 2026 Páx. 57234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de outubro de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión de esbozo do monte veciñal en man común De Chaos, no concello de Lobeira.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (en adiante, MVMC) De Chaos, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en adiante, CMVMC) de Chaos, no concello de Lobeira, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 9.12.2025, a CMVMC de Chaos presentou unha solicitude (Rexel núm. 2025/3426898) de revisión de esbozo do MVMC De Chaos, no concello de Lobeira.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do Acordo da Asemblea Xeral do 29 de novembro de 2025.

– Informe e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 26.3.2026 en relación coa citada solicitude. O perímetro obxecto de revisión comprende as partes lindeiras con particulares.

A configuración espacial do monte, logo da revisión, non varía de forma significativa, manténdose o aspecto orixinal do esbozo contido na carpeta ficha do expediente de clasificación.

A superficie do MVMC De Chaos, unha vez modificado o esbozo e tendo en conta as propostas concorrentes de deslindamento co MVMC De Ermille, Fragón, Outeiro e Outeiro de Arriba e Cha, sería de 44,18 ha fronte ás 43 ha do acordo de clasificación, o que supón un incremento do 2,7 %.

Tendo en conta o anterior, emítese un informe favorable sobre a revisión do esbozo solicitada.

Consideracións legais e técnicas:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser revisados axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 26.3.2026, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade, o día 6.10.2026:

Aprobar a proposta de revisión do esbozo do MVMC De Chaos, pertencente á CMVMC de Chaos, no concello de Lobeira.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 27 de outubro de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

ANEXO

missing image file