DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 17 de novembro de 2026 Páx. 57406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican resolucións da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural en relación coa zona de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz do Castrodouro-Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación sen que se puidese efectuar, ou ao ser o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, 70, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Logo de que transcorra o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación considerarase producida dende o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Lugo, 29 de outubro de 2026

Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

DNI

Acto que se notifica

10632280R

Resolución

33310446Y

Resolución

33708788B

Resolución

33834350Q

Resolución

33999645X

Resolución

37284627V

Resolución

77099248M

Resolución