Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (en diante, MVMC) Cerdeiriñas e Baños, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Carreiras, no concello de Lobeira, resultan os seguintes
Feitos:
Primeiro. O 8.12.2025, a CMVMC de Carreiras presentou unha solicitude (Rexel núm. 2025/3419200) de revisión de esbozo do MVMC Cerdeiriñas e Baños, no concello de Lobeira.
Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:
– Certificación do Acordo da Asemblea Xeral do 29 de novembro de 2025.
– Informe e planos.
– Arquivos xeográficos en formato vectorial.
Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 26.3.2026 en relación coa citada solicitude. O perímetro obxecto de revisión comprende as partes lindeiras con particulares.
A configuración espacial do monte, despois da revisión, non varía de forma significativa, manténdose o aspecto orixinal do esbozo contido na carpeta-ficha do expediente de clasificación.
A superficie do MVMC Cerdeiriñas e Baños, unha vez modificado o esbozo e tendo en conta a proposta concorrente de deslindamento co MVMC Cha, sería de 80,11 ha fronte ás 65 ha do acordo de clasificación, o que supón un incremento do 23,3 %.
Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable sobre a revisión do esbozo solicitada.
Consideracións legais e técnicas:
Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.
De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándoos e completándoos con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.
De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 26.3.2026, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 6.10.2026:
Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Cerdeiriñas e Baños, pertencente á CMVMC de Carreiras, no concello de Lobeira.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 27 de outubro de 2026
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
