DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 17 de novembro de 2026 Páx. 57402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 23 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 110/26, con relación á Resolución do 11 de decembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 38 do grupo I, na categoría 39 do grupo II, na categoría 100 do grupo III, nas categorías 32 e 33 do grupo IV e nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados polas ordes do 18 de febreiro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 25 de setembro) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro).

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento das persoas que aparezan como interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 110/26, con relación á Resolución do 11 de decembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 38 do grupo I, na categoría 39 do grupo II, na categoría 100 do grupo III, nas categorías 32 e 33 do grupo IV e nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocadas polas ordes do 18 de febreiro de 2017 (DOG núm. 182, do 25 de setembro) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á devandita sala, o que se notifica para o coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas co fin de que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal