Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio convócase a todas as persoas interesadas ao acto de pagamento dos prezos xustos e xuros derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada «LMT, CT e RBT lugar Porzomillos», no concello de Oza Cesuras (expediente IN407A 2022/333-1), correspondentes ao predio e á titularidade que se sinalan no anexo, e que terá lugar nas dependencias administrativas do mencionado concello.
A Coruña, 2 de novembro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/33-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT e RBT lugar Porzomillos.
Concello: Oza Cesuras.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
Do Caseiro |
Polígono: 506 Parcela: 247 |
Herdeiros de Jesús María Vázquez |
11.12.2026 |
10.30 |
