DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 17 de novembro de 2026 Páx. 57393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de novembro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamentos dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2022/041-1, no concello de Betanzos.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio, convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de reconectador no apoio número D23-3-A da LMTA BEG707, no concello de Betanzos (expediente IN407A 2022/041-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias administrativas do mencionado concello.

A Coruña, 2 de novembro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/041-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Instalación de reconectador no apoio número D23-3-A da LMTA BEG707.

Concello: Betanzos.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade

Data

Hora

1

Peregrina

Polígono: 9

Parcela: 355

Herdeiros de José Castro Rodeiro

11.12.2026

12.30