Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar ...», mediante este anuncio infórmanse as persoas titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Adecuación CT Albarellos GC-32AK00, situada no concello de Monterrei.
Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requíreselles para que presenten perante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, a súa folla de valoración, na que concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e alegarán o que coiden conveniente ao seu dereito. Esta valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.
Ourense, 28 de outubro de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2026/29-3.
Instalación: Adecuación CT Albarellos GC-32AK00.
Concello: Monterrei.
Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Data do depósito previo |
|
1 |
Barxonca |
32051A120001180000OR |
Descoñecido/a |
26 de outubro de 2026 |
