DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 17 de novembro de 2026 Páx. 57388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2026/271-1).

Expediente: IN407A 2026/271-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: Proxecto para LMTS Lugar Brea, s/n (Carballo).

Concello: Carballo.

Feitos:

1º. O día 30.9.2026 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de atender unha petición de fornecemento para uso industrial de 1.000 kW.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presenta o proxecto de execución denominado Proxecto para LMTS Lugar Brea, s/n (Carballo), asinado o día 11.8.2026 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial eléctrica co número de colexiado 2.033 da Coruña.

2º. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3º. Non se solicitou o informe preceptivo a ningunha Administración, organismo nin empresa de servizo público ou de interese xeral, por non existiren afeccións.

4º. O día 23.10.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1ª. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e mais no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2ª. Lexislación de aplicación.

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3ª. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar da Brea, concello de Carballo, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Condutor baixo tubo de 20 m de lonxitude.

• Tipo de condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm².

• Orixe: cela de liña do CT 15CCLZ.

• Final: empalme a realizar nun punto de acceso á rede existente.

4ª. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto, resolvo:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a instalación de distribución eléctrica indicada.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, a empresa promotora deberá presentar ante este departamento territorial unha solicitude á cal axuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, de as haber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e a posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, tras audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 27 de outubro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña