DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 17 de novembro de 2026 Páx. 57428

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Regantes de Rozas Novas

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral do día 20 de decembro de 2026.

Nicolás Fraga-Agras López, en calidade de presidente da Comunidade de Regantes de Rozas Novas, por medio deste anuncio convocamos a asemblea xeral que terá lugar o 20 de decembro de 2026, ás 19.30 horas en 1ª convocatoria e ás 20.00 horas en 2ª convocatoria, no local social de Ragón, coa seguinte orde do día:

1. Relación e inventariado de regadores e análise para a constitución da comunidade.

2. Nomeamento dos membros para a constitución da Xunta Directiva e Xurado.

3. Tramitar a solicitude do CIF na Axencia Tributaria.

4. Encargo e redacción de estatutos.

5. Outros puntos de interese.

6. Rogos e preguntas.

Ferrol, 26 de outubro de 2026

Nicolás Fraga-Agras López
Presidente da Comunidade de Regantes de Rozas Novas