DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 17 de novembro de 2026 Páx. 57429

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Regantes de Rozas Novas

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral do día 26 de decembro de 2026.

Eu, Nicolás Fraga-Agras López, en calidade de presidente da Comunidade de Regantes de Rozas Novas, por medio deste anuncio convoco a asemblea xeral que terá lugar o 26 de decembro de 2026, ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20.00 horas en segunda convocatoria, no local social de Ragón, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Lectura e aprobación dos estatutos/ordenanzas.

3. Rogos e preguntas.

Ferrol, 26 de outubro de 2026

Nicolás Fraga-Agras López
Presidente da Comunidade de Regantes de Rozas Novas