DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 18 de novembro de 2026 Páx. 57474

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 141/2026, do 9 de novembro, polo que se dispón o nomeamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do seu regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade de Vigo,

DISPOÑO:

Un. Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade de Vigo, a Raquel Arévalo Tomé.

Dous. Nomear membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade de Vigo, a María Begoña Álvarez García.

Santiago de Compostela, nove de novembro de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente