DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 18 de novembro de 2026 Páx. 57473

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 140/2026, do 9 de novembro, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 9.e) do seu regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade de Vigo,

DISPOÑO:

Un. Cesar como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade de Vigo, a Pablo Cabanelas Lorenzo.

Dous. Cesar como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade de Vigo, a Mónica Villanueva Villar.

Santiago de Compostela, nove de novembro de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente