DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 18 de novembro de 2026 Páx. 57576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 2 de novembro de 2026 polo que se notifica a resolución referenciada, acordada no expediente administrativo de carácter sancionador, pola comisión dunha infracción grave en materia de turismo (PO-94/2025).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentar a notificación polos medios habituais e ao non poder efectuala, notifícaselle á persoa que máis abaixo se menciona a resolución do procedemento administrativo de carácter sancionador en materia de turismo pola comisión dunha infracción administrativa grave prevista na Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG núm. 216, do 11 de novembro).

Segundo establece o artigo 46 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado, para comparecer nas dependencias da Axencia de Turismo de Galicia, localizada na estrada de Santiago-Noia, km 3, A Barcia, concello de Santiago de Compostela, para examinar o expediente e coñecer o contido íntegro da resolución. Logo de que transcorra o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada pode interpor un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición teña o seu domicilio ou ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela. Esta posibilidade de elección limítase aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia da persoa interesada, de ser o caso, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1, regra segunda, e 41 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Isto enténdese sen prexuízo de que, con carácter previo e potestativo, poida formular un recurso de reposición perante a persoa titular da Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da referida Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2026

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Número de procedemento

Persoa interesada

Acto comunicado

PO-94/2025

(RITGA-E-2025-011251)

Juan Francisco Torres Domínguez

Resolución definitiva