DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 18 de novembro de 2026 Páx. 57578

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de técnica/o de Administración especial.

Mediante a Resolución 2673/2026, do 8 de outubro, o Concello de Arteixo (A Coruña) aprobou a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para cubrir en propiedade unha praza de técnica/o de Administración especial.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 198, do 16 de outubro de 2026, publicáronse integramente a convocatoria e as bases que rexerán o proceso selectivo, polo procedemento de oposición libre, para cubrir, como persoal funcionario de carreira, unha praza de técnica/o de Administración especial.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 16 de outubro de 2026

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente