DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 18 de novembro de 2026 Páx. 57510

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de condución, convocado pola Resolución do 8 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 89, do 15 de maio), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e segundo exercicios eliminatorios e obrigatorios do proceso selectivo e da proba de acreditación do coñecemento da lingua galega.

Na sesión que tivo lugar o 16 de novembro de 2026, este tribunal, nomeado pola Resolución do 15 de outubro de 2026 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de condución (DOG núm. 198, do 19 de outubro), convocado pola Resolución do 8 de maio de 2026,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, anunciar que o primeiro e segundo exercicios eliminatorios e obrigatorios do proceso selectivo terán lugar o 21 de novembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos e nas aulas núm. 1 e 19 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Para poderen realizar estes exercicios as persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis do número dous e goma de borrar.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, anunciar que a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega terá lugar o día 24 de novembro de 2026, ás 17.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

Para poderen realizar este exercicio as persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, así como dun bolígrafo azul.

Non se permitirá o acceso á realización do exercicios con bolsos de man, gorros, panos, paraugas, mochilas, carpetas, libros, apuntamentos, reloxos, auriculares, dispositivos intrauditivos, teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro material ou instrumento, electrónico ou non, de transmisión ou recepción de datos, imaxes ou son de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida destes obxectos.

Para os efectos de poder comprobar a ausencia de calquera dispositivo non autorizado, o persoal aspirante accederá á realización das probas coa cabeza e as orellas despexadas e visibles.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2026

Luis Miguel Barreiro Ares
Presidente do tribunal