A través da Resolución do 14 de outubro de 2026 (DOG núm. 218, do 13 de novembro), resolveuse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinaria.
Na resolución adxudicóuselle a María Isabel Iglesias Fontal (NIF ***2209**) o seguinte posto:
|
Posto |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Concello |
Nivel |
Puntos |
|
456 |
MR.C99.10.501.27001.017 |
Inspector/a veterinario/a |
MR |
Lugo |
24 |
22.350 |
Á vista do recurso de reposición interposto contra a citada resolución, advírtese un erro no posto adxudicado.
Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas polo artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, e de conformidade co previsto na base IX.5 da convocatoria, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Modificar a Resolución do 14 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinaria, convocado pola Resolución do 1 de xullo de 2005 (DOG núm. 218, do 13 de novembro), e adxudicarlle a María Isabel Iglesias Fontal (NIF ***2209**) o posto que figura a continuación:
|
Posto |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Concello |
Nivel |
Puntos |
|
251 |
MR.C99.20.050.27001.003 |
Inspector/a veterinario/a de apoio |
MR |
Lugo |
24 |
22.350 |
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta mesma dirección xeral no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante as seccións da orde xurisdicional contencioso-administrativa do tribunal de instancia correspondente no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
