DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 18 de novembro de 2026 Páx. 57532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 26 de outubro de 2026, do Departamento territorial de Lugo, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS618D (expediente 27016000625).

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nos seus artigos 44 e 46 e no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, mediante este anuncio emprázase a persoa interesada que figura no anexo para notificarlle o requirimento de documentación ditado no procedemento instado por ela, ao ser devolta polo servizo de Correos por non se poder efectuar por causas non imputables á Administración.

No prazo de dez (10) días hábiles dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), a persoa interesada poderá comparecer, persoalmente ou debidamente representada, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na rolda da Muralla, 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o texto íntegro do acto administrativo que se notifica e do expediente administrativo. Advírteselle que, de non o facer así, considerarase efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselle que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento, que se contará dende o día seguinte á súa notificación por comparecencia sen ter presentada a documentación, se procederá á apertura do correspondente expediente de procedemento de reintegro de indebidos, de conformidade co establecido no artigo 52.8 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

Lugo, 26 de outubro de 2026

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo

ANEXO

Núm. de expediente

Persoa interesada

Acto administrativo e data

BS618D27016000625

I20014946

Requirimento de documentación 29.5.2026