DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 18 de novembro de 2026 Páx. 57530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 26 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS618D (expediente 27032000123 e un máis).

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nos seus artigos 44 e 46, e no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para notificarlles as resolucións dos recursos de alzada ditadas nos procedementos instados por elas, ao seren devoltas polo servizo de Correos por non poderse efectuar por causas non imputables á Administración.

No prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representadas, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na rolda da Muralla, núm. 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro das referidas resolucións e dos seus expedientes administrativos. Advírteselles que, de non o faceren así, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xudicial competente, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 26 de outubro de 2026

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo

ANEXO

Núm. de expediente

Persoa interesada

Resolución do recurso de alzada

Data da resolución

BS618D27032000123

76570211Z

Desacollemento

18.3.2026

BS618D27028007826

54158973E

Desacollemento

24.9.2026