DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 18 de novembro de 2026 Páx. 57529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 26 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica o acto administrativo ditado no expediente 2024/226/15 e un máis.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase á persoa interesada que se indica no anexo para lle notificar o acto administrativo ditado nos expedientes administrativos instruídos consonte o disposto no artigo 172.1 do Código civil e demais normas de aplicación, os cales tamén figuran no anexo.

Os expedientes atópanse á disposición da dita persoa interesada ou da persoa que a represente, debidamente acreditada, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto administrativo de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndoselle que de non o facer se terá por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte ao de notificación do acto de comunicación do inicio do trámite de audiencia, efectuada por comparecencia, terá dez (10) días hábiles para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que considere procedentes.

Lugo, 26 de outubro de 2026

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo

ANEXO

Núms. dos expedientes: 2024/226/15, 2024/227/15.

Persoa interesada: Jonathan Enrique Molina Ruíz.

Acto administrativo que se notifica:

– Oficio de comunicación do inicio do trámite de audiencia do 8 de outubro de 2026.