Detectados erros no anexo II de comisións de selección da Resolución do 16 de setembro de 2026, da Universidade de Vigo, pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios, correspondente ao corpo de profesores e profesoras titulares de universidade, publicada no Diario Oficial de Galicia número 184, do 28 de setembro, páxinas 50499 a 50521, cómpre facer as seguintes modificacións.
Na páxina 50521, na composición da comisión da praza nº 11. Referencia: TU2504-X09-095-TU-TC-01:
Onde di:
|
«Suplente 2ª |
María del Carmen Abril Barrie |
Catedrática de universidade |
Universidade de Castilla-La Mancha» |
Debe dicir:
|
«Suplente 2ª |
María del Carmen Abril Barrie |
Catedrática de universidade |
Universidade Complutense de Madrid» |
Vigo, 10 de novembro de 2026
María Carmen García Mateo
Reitora da Universidade de Vigo
