DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 18 de novembro de 2026 Páx. 57526

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 5 de noviembre de 2026 pola que se nomean profesores e profesoras titulares de universidade (TU2503).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar o concurso de acceso convocado mediante a Resolución desta universidade, do 16 de abril de 2026 (BOE do 25 de abril), modificación desta mediante a Resolución reitoral do 4 de maio de 2026 (BOE do 9 de maio), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria,

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberán efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 5 de novembro de 2026

María Carmen García Mateo
Reitora da Universidade de Vigo

ANEXO

Código

TU2503-C02-412-TU-TC-01

Corpo

Profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento

A0412 Fisioloxía Vexetal

Departamento

D00C02 Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo

Centro de traballo

302 Facultade de Bioloxía

DNI

***8491**

Nome e apelidos

María Nuria Pedrol Bonjoch

Código

TU2503-C02-412-TU-TC-02

Corpo

Profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento

A0412 Fisioloxía Vexetal

Departamento

D00C02 Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo

Centro de traballo

302 Facultade de Bioloxía

DNI

***8285**

Nome e apelidos

María Esther Barreal Modroño