Logo de examinar o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 2 de maio de 2025 en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado número 1534 do ICOIIG, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante a declaración responsable asinada na data sinalada:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: Reforma LMTA SRS804 e desmantelamento de CT Laguna III-32CI88 (Sandiás).
Situación: lugar de Antela, concello de Sandiás (Ourense).
Orzamento: 9.749,13 €.
Características técnicas:
– Desmontaxe da derivada da LMTA SRS804 que dá servizo ao CT Laguna III-32CI88, e que tamén se desmonta, con inicio no apoio número 66 e final no apoio número 66-9.
– Substitución do apoio existente número 66 por un novo apoio proxectado, de celosía metálica do tipo C-14/2000. E substitución do condutor existente entre os apoios existentes número 65 e número 68 instalando 182 m de novo condutor LA-56.
E logo de se cumpriren os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial
RESOLVE:
Concederlles as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Estas autorizacións outórganse sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, os cales se contarán a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor un recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense, 27 de outubro de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
