Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», por medio deste anuncio convócase a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMT BRT803 (Buño-Auto 1)-apoio 77-69 ao 77-73, no concello de Ponteceso (expediente IN407A 2022/091-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias administrativas do mencionado concello.
A Coruña, 2 de novembro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/091-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación da LMT BRT803 (Buño-Auto 1)-apoio 77-69 ao 77-73.
Concello: Ponteceso.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
Chousa de Lamoso |
Polígono: 10 Parcela: 39 |
Descoñecida |
15.12.2026 |
11.00 |
|
2 |
Carqueixal |
Polígono: 6 Parcela: 134 |
Descoñecida |
15.12.2026 |
11.00 |
|
3 |
Lamoso do Carqueixal |
Polígono: 6 Parcela: 273 |
Descoñecida |
15.12.2026 |
11.00 |
