DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 18 de novembro de 2026 Páx. 57540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 28 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2023/385-4 modificado).

O 24 de outubro de 2024, este departamento territorial ditou unha resolución de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMT, CT Carballido no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2023/385-4), publicada no Diario Oficial de Galicia do 20 de novembro.

O 20 de febreiro de 2026, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou unha nova autorización administrativa previa, en concreto, declaración de utilidade pública e da necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción para a modificación desa instalación eléctrica, debido ao cambio de localización do centro de transformación.

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

– Denominación: modificación da LMT, CT Carballido.

– Situación: Vilagarcía de Arousa.

– Descricións técnicas da modificación producida:

• Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x150), de 467 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/14, con matrícula 9VNV4Q30, na LMTA VAR808B, e final no centro de transformación proxectado.

• Centro de transformación a 160 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36060A020006130000GW.

• A instalación está situada en Carballido, parroquia de Cea, no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta durante o prazo de 30 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, logo de solicitar cita no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o devandito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 28 de outubro de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2023/385-4 modificado.

Denominación: Modificación da LMT, CT Carballido.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Núm.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Persoa titular

Afeccións

Pleno dominio (m2)

Servidume

Ocupación temporal

CT (m2)

Apoio

ml sub.

m2 sub.

m2

Núm.

m2

1

Herbal da Horta

Rústico

36060A020006130000GW

Antonio Saborido Fernández e María Carmen Cancelo Castrelo

49,54

2

Carballido

Rústico

36060A013000200000GM

CMVMC de Cea

1

2

1,6

4,96

442,58