DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 18 de novembro de 2026 Páx. 57493

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade dos premios concedidos ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do Comercio Galego 2026 (código de procedemento IN214C).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 10 das bases reguladoras, procédese á publicación da concesión dos premios do Comercio Galego convocados pola Orde do 28 de abril de 2026 (Diario Oficial de Galicia núm. 88, do 13 de maio), que figura no anexo a esta resolución.

Norma reguladora: Orde do 28 de abril de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do comercio galego (código de procedemento IN214C).

Finalidade da subvención: premios do Comercio Galego.

Crédito orzamentario: 19.000,00 €.

Aplicación orzamentaria: 44.06.751A.481.0.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2026

Gabriel Alén Castro
Director xeral de Comercio e Consumo

ANEXO

Beneficiarios dos premios do Comercio Galego

– Premio Comercio Galego 2026, cunha contía de 5.000 euros:

Ramón Santos Hermida (Mercería La Crisálida).

NIF ***6051**.

– Premio Comercio Traxectoria 2026, cunha contía de 3.000 euros:

Bermello, S.A.

NIF A32026924.

– Premio Comercio Emprende 2026, cunha contía de 3.000 euros:

APAMP Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral (A Casa Rodante).

NIF G36624120.

– Premio Comercio Dinamización 2026, cunha contía de 5.000 euros:

Asociación Empresarial Industriales y Comerciantes Zona Traviesas-Vigo Aetravi.

NIF G36847861.

– Premio Comercio Sostible 2026, cunha contía de 3.000 euros:

Asociación de Autónomos de Comercio, Hostelería e Industria de Tomiño.

NIF G94054608.