De conformidade co que dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da devandita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto adoptouno o xefe da Área Provincial de Lugo.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do devandito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Lugo, edificio administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Logo de que transcorra o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación considerarase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 3 de novembro de 2026
Alberto José López Díaz
Xefe da Área Provincial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
DNI |
Acto obxecto de notificación |
|
LU99010-18 |
55025091Y |
Adxudicación de vivenda |
