DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 20 de novembro de 2026 Páx. 58026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, procedemento ordinario 322/2026.

No Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, tramítase o recurso 322/2026 (procedemento ordinario), interposto por Cristina Cortizas Cendán contra:

– A desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso potestativo de reposición formulado contra a Resolución do 4 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 31, do 16 de febreiro, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional, convocado pola Resolución do 19 de abril de 2024, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos aspirantes seleccionados, así como contra a dita resolución orixinaria, exclusivamente no relativo á baremación e ás súas consecuencias na relación de aspirantes seleccionados da categoría de técnico/a superior en Dietética, quenda de acceso libre.

– A Resolución do 15 xuño de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se publica a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional e se inicia o prazo para a elección de destino, publicada no Diario Oficial de Galicia número 144, do 3 de agosto.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2026

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos