DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 20 de novembro de 2026 Páx. 57916

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de programas de educación transformadora e de innovación e comunicación social que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR803E).

Conforme o establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 26 da Orde do 11 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de programas de educación transformadora e de innovación e comunicación social que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR803E), unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 5 de agosto de 2026, en virtude da delegación establecida da disposición adicional primeira da Orde do 11 de maio de 2026 (DOG núm. 95, do 25 de maio):

– 7 programas por un importe total de setecentos nove mil novecentos noventa e nove euros con trece céntimos (709.999,13 €), con cargo á aplicación orzamentaria 05.07.331A.481.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2026, nas contías, beneficiarios e finalidade, que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2026

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Programas de educación transformadora e de innovación e comunicación social
para executar polas organizacións non gobernamentais de desenvolvemento

Nº de expediete

Entidade solicitante

Denominación do programa

Liña de acción

Orzamento total (€)

Subvención concedida (€)

Total
2026 (€)

Total
2027 (€)

Total
2028 (€)

Total subvención concedida (€)

PR803E-2026-00000001-00

Asamblea de Cooperación por la Paz (ACPP)

Elas deciden: corpo, territorio e paz. Fortalecendo o compromiso social e institucional a favor da cultura de paz feminista

Programas de innovación e comunicación social

122.240,00

27.500,00

41.250,00

41.250,00

110.000,00

PR803E-2026-00000009-00

Solidariedade Internacional de Galicia

Biblioteca Humana, libros que contan. Historias de cooperación e solidariedade

Programas de innovación e comunicación social

121.103,82

27.499,96

41.249,93

41.249,93

109.999,82

PR803E-2026-00000004-00

Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso)

Fortalecer as estratexias, as capacidades e as ferramentas das organizacións sociais e o sector da comunicación de Galicia para a defensa dos dereitos humanos e a democracia a nivel global

Programas de innovación e comunicación social

122.012,00

27.500,00

41.250,00

41.250,00

110.000,00

PR803E-2026-00000003-00

Manos Unidas-Comité Católico Campaña Contra el Hambre agrupada coa USC

Enreda: Educación transformadora para a ecocidadanía global e a agroecoloxía escolar na rede de centros educativos rurais polo dereito humano á alimentación e o ODS 2 Fame Cero (2026-2028)

Programas de educación transformadora

117.891,00

22.500,00

33.750,00

33.750,00

90.000,00

PR803E-2026-00000006-00

Fundación Vicente Ferrer

Ti tamen contas: historias fiadas de mulleres rurais para crear unha cidadanía crítica e con conciencia feminista

Programas de educación transformadora

117.127,15

22.499,83

33.749,74

33.749,74

89.999,31

PR803E-2026-00000007-00

Fundación Educación y Cooperación

A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030. Un camiño de transformación social para a prevención da violencia

Programas de educación transformadora

94.780,00

22.500,00

33.750,00

33.750,00

90.000,00

PR803E-2026-00000008-00

Fundación Taller de Solidaridad

Enredadas no cambio: Cartografía sonora do emprendemento feminista Norte-Sur Global Voces, saberes e territorios que sosteñen a vida

Programas de innovación e comunicación social

130.518,00

27.500,00

41.250,00

41.250,00

110.000,00

Total

177.499,79

266.249,67

266.249,67

709.999,13