DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 20 de novembro de 2026 Páx. 57914

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 13 de abril de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento PR804B).

Conforme ao establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 25 da Orde do 13 de abril de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e pola que se convocan para o ano 2026, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario ao que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas, pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 30 de xuño de 2026, en virtude da delegación establecida na disposición adicional primeira da Orde do 13 de abril de 2026 (DOG núm. 78, do 28 de abril de 2026), que se relacionan no anexo:

– Seis microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, por un importe global de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 05.07.331A.490.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2026, coas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2026

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para microproxectos

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total (€)

Subvención solicitada (€)

Subvención concedida (€)

PR804B-2026-00000004-00

Beyond Suncare

Da intervención á sustentabilidade: fortalecemento institucional para unha atención sanitaria pública de calidade para as persoas con albinismo en Malawi

62.668,33

30.000,00

30.000,00

PR804B-2026-00000008-00

Fundación Ayuda Solidaria Hijas de Jesus

Mulleres que tecen vida mediante a formación artesanal e o desenvolvemento comunitario en Potosí, Bolivia, Fase II

11.024,20

10.059,52

10.059,52

PR804B-2026-00000003-00

Asociación Miradas al Mundo

Mellorado o acceso á educación primaria e á alfabetización de mulleres na aldea de Catão na Guinea Bissau

31.023,59

29.449,19

29.449,19

PR804B-2026-00000006-00

Asociación Integral de Rescate de Emergencias (AIRE)

Fortalecemento comunitario e resiliencia fronte ás emerxencias nos campamentos saharauís mediante a Protección Civil

72.251,00

30.000,00

30.000,00

PR804B-2026-00000012-00

Semilla para el Cambio

Fortalecemento pedagóxico e participación comunitaria para a mellora da aprendizaxe e a retención escolar en Varanasi (India)

28.808,16

27.277,55

27.277,55

PR804B-2026-00000001-00

Asociación Busca e Rescate Integral en Emerxencias de Galicia (Briegal)

Fortalecemento transfronteirizo da xestión de emerxencias ante inundacións e riadas nas rexións do sur de Perú, con participación de equipos de Bolivia. Fase II

64.383,19

29.999,61

23.213,74

Total

156.785,87

150.000,00