Conforme o establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 26 da Orde do 13 de xaneiro de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 8 de abril de 2026, en virtude da delegación establecida na disposición adicional primeira da Orde do 13 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro) que se relacionan no anexo:
– 10 proxectos de acción humanitaria no exterior, por un importe global de setecentos mil euros (700.000,00 €) con cargo á aplicación orzamentaria 05.07.331A.490.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2026 nas contías, beneficiarios e finalidade, que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2026
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO
Axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior
|
Nº de expediente |
Entidade solicitante |
Denominación do proxecto |
Orzamento |
Subvención solicitada (€) |
Subvención concedida (€) |
|
PR811A-2026-00000002-00 |
Fundación Ayuda en Acción |
Construción de refuxios resilientes e fortalecemento da protección comunitaria contra VbG nas zonas afectadas pola crise en Cabo Delgado, Mozambique |
126.748,31 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A-2026-00000019-00 |
Asamblea de Cooperación por la Paz (ACPP) |
Fronteiras dignas: promoción de dereitos e garantías de protección da poboación migrante e dominico-haitiana na Rexión de Enriquillo, República Dominicana |
93.319,99 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A-2026-00000015-00 |
Médicos del Mundo |
Mellora da accesibilidade da poboación de Gaza a servizos de Atención Primaria de Saúde |
82.500,00 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A-2026-00000013-00 |
Asociación Movimiento por la Paz, El Desarme y la Libertad (MPDL) |
Mellora do acceso a servizos de protección holísticos para mulleres e menores con discapacidade desprazados na Franxa de Gaza |
78.948,00 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A-2026-00000014-00 |
Fundación Entreculturas-Fe y Alegría |
Alivio do sufrimento da poboación refuxiada e de acollida en situación de maior vulnerabilidade nun contexto de crise humanitaria nos asentamentos de Adjumani, Uganda |
83.345,29 |
74.977,29 |
74.977,29 |
|
PR811A-2026-00000010-00 |
Asociación Comité Español de la UNRWA |
Garantir o exercicio do dereito humano á saúde da poboación refuxiada de Palestina mediante servizos de saúde materno-infantil en Líbano |
80.000,00 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A-2026-00000001-00 |
Farmacéuticos Mundi |
Exercicio efectivo do dereito á saúde e á protección das poboacións desprazadas afectadas polo conflito e a violencia, mediante o fortalecemento de 3 estruturas de saúde en Beni, Kivu Norte (República Democrática do Congo) |
79.046,00 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A-2026-00000012-00 |
Asociación España con ACNUR |
Mellora do acceso a auga potable e servizos de saneamento para a poboación refuxiada sudanesa no Chad |
365.806,29 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A-2026-00000003-00 |
Fundación UNICEF Comité Español |
Fortalecemento dos servizos de protección infantil e contra a Violencia de Xénero en Ouaddai (Chad) |
100.000,00 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A-2026-00000005-00 |
ONG Rescate Internacional |
Acceso á rehabilitación mental e física e a bens esenciais para as persoas refuxiadas nos campamentos de Qalandiya, Amari e Jalazone en Gobernación de Ramallah e Ao-Bireh, Palestina |
28.358,71 |
75.000,00 |
25.022,71 |
|
Total |
749.977,29 |
700.000,00 |
|||
