Advertido o interese mostrado para a presentación de máis alegacións no procedemento de información pública da proposta da oitava reserva da biosfera de Galicia, publicado no DOG número 199, do 20 de outubro de 2026, infórmase que o prazo se amplía un mes desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
A documentación está dispoñible na seguinte ligazón do portal de transparencia da Xunta de Galicia:
https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/procedementos-de-informacion-publica
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2026
María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural
