DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 20 de novembro de 2026 Páx. 58003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 5 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto Cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas, para viñedo, no monte veciñal en man común de Vilela, na parroquia de Macendo, no concello de Castrelo de Miño (Ourense) (expediente 2025/0027).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 4 de novembro de 2026 do proxecto Cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas, para viñedo, no monte veciñal en man común de Vilela, na parroquia de Macendo, no concello de Castrelo de Miño (Ourense) promovido por Viña Costeira, SCG.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade