De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 4 de novembro de 2026, do proxecto para a ampliación dunha explotación avícola, ata 76.679 polos de engorda, na parroquia de Guldriz, no concello de Friol (Lugo), promovido por Gandeiría García Viña, S.C.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
