A través da Resolución do 3 de novembro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declarouse de utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, unha instalación eléctrica no concello de Barbadás (expediente IN407A 2026/071-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas titulares dos predios que se relacionan no anexo para ser notificadas por comparecencia, ao non ser posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
A persoa interesada, ou quen exerza a súa representación, deberán comparecer no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez núm. 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único.
Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 6 de novembro de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
ANEXO
Relación de persoas afectadas descoñecidas, de domicilio ignorado
ou non notificadas
Número de expediente: IN407A 2026/071-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: regulamentación da liña SCV806 no tramo entre os apoios número D209-5 e D209-8.
Situación: lugar das Lamas, parroquia da Valenzá (San Bernabeu), concello de Barbadás.
Predio número en proxecto: 1; referencia catastral: 32009A021002040000UH.
Paraxe: Ruferta.
Cultivo: monte baixo.
Persoa titular: descoñecida.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio D209-6.
