De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas do procedemento de homologación e/ou validación de estudos estranxeiros non universitarios.
As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer para seren notificadas no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Inspección educativa do Departamento Territorial de Ourense pertencente á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, como órgano competente para a tramitación do citado procedemento, sita en Ourense, na rúa do Concello, nº 11, 7º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.
Ourense, 5 de novembro de 2026
Jorge Rubén Sampedro Grande
Director territorial de Ourense
ANEXO
|
Persoa interesada |
Procedemento |
|
Liz Magali Solier Vallejo |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
|
María Carmen Vázquez Infiesta |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
|
Claudia del Socorro Ruiz Ruiz |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
