Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 24.11.2025 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante unha declaración responsable asinada na data sinalada.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: LMTS enlace entre CT 32CGM8 e CT 32C396 e nova cela en CT 32C383 (Toén).
Situación: concello de Toén.
Orzamento: 172.421,88 €.
Características técnicas:
• Reforma do centro de transformación existente CT con CLI Toén 32C383, que pasa dun conxunto 3L1P a un conxunto 4L1P.
• Substitución do centro de transformación Muradella-32CGM8 de tipo rural e 160 kVA por un novo centro de transformación proxectado, para instalar na mesma localización, de tipo compacto 2L1P, e con transformador de 250 kVA e R/T 20.000/400 V.
• Desmonte do tramo de LMTA CAS806 entre o apoio existente nº D137-7-1 e o punto A do plano Manobras eléctricas 01 que se indica no proxecto.
• LMTS, a 20 kV, de 49 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe na cela de liña para instalar no CT con CLI Toén 32C383 e final no apoio existente nº D137-7-1 da LMTA CAS806.
• LMTS, a 20 kV, de 892 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe na cela de liña do Muradella-32CGM8 proxectado e final no apoio existente nº D156-7-5 da LMTA CAS806.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial resolve:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación, e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme ao establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense, 29 de outubro de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
