DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 20 de novembro de 2026 Páx. 58020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de novembro de 2026 pola que se emprazan as persoas interesadas no procedemento abreviado 298 2026 no expediente de reposición da legalidade PO-0299-2025 EF 1MC.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Tribunal de Instancia-Sección do Contencioso-Administrativo-praza número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento abreviado 298 2026, interposto pola persoa con DNI 44086850J contra a resolución desestimatoria ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 29 de xuño de 2026, expediente PO-0299-2025 EF 1MC (PON/34/2020), na cal se acorda impoñerlle unha primeira multa coercitiva por importe de 1.000 euros, da cal responden solidariamente as persoas con DNI 44087521V, 77401229L, 77407608G e Pacita Rodríguez Quintás, como consecuencia de imcumprir o ordenado na Resolución do 26 de xullo de 2021, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal de Instancia-Sección do Contencioso-Administrativo-praza número 3 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázanse a persoa con DNI 44087521V e Pacita Rodríguez Quintás para que se poidan presentar como interesadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2026

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística