DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 20 de novembro de 2026 Páx. 58018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 5 de novembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A15.19523 e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente DH.A15.19523 e sete máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e a constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar unha cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

DH.A15.19523

32656678J

14.10.2026

DH.A15.21268

(DH.A15.26502)

32453016Q

14.10.2026

DH.A15.25436

B15685100

14.10.2026

DH.A15.23425

32568393W

14.10.2026

DH.A15.25479

G70124789

14.10.2026

DH.A15.23800

32755890A

14.10.2026

DH.A15.25437

B15685100

14.10.2026

E-2092-C

(DH.A15.00951)

Isidro Fernández Ante

Sofía Ana Fernández Rodríguez

14.10.2026