DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 20 de novembro de 2026 Páx. 58017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 5 de novembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por caducidade de concesións de augas (expediente 5019-F-343 e catro máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por caducidade das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente 5019-F-343 e catro máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

5019-F-343

Carmen Romay Martínez

0,2 l/s

Río

Abastecemento

L: Horta de Outeiro

P: Artes (San Xián)

C: Ribeira

E-79-641-C

María Rodríguez Romero

0,04 l/s

Río

Rega

L: Lavandeira

P: Baroña (San Pedro)

C: O Porto do Son

4269-F-344

José Benito Rodríguez Gaciño

0,50 l/s

Manancial

Rega

L: Lavandeira

P: Baroña (San Pedro)

C: O Porto do Son

E-1858-L

Asociación Central Nuclear de Regodela

100 l/s

Río

Industrial

C: Xove

DH.A15.7455

Arturo Rey Lourido

0,1 l/s

Dous mananciais

Doméstico

L: Trasouteiro

P: Brión (San Fins)

C: Brión