O Pleno do Concello de Baiona, en sesión ordinaria celebrada o día 21 de outubro de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo plenario (expediente 4296/2026):
Primeiro. Realizar a aprobación do cambio de uso da parcela con referencia catastral, 5527201NG1652N, cualificada como de equipamento de uso educativo, para equipamento de uso asistencial, sistema local de equipamento público destinado a servizo asistencial.
Segundo. Publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e solicitar a súa inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.
Terceiro. Remitir o acordo á Consellería de Sanidade, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e aos departamentos municipais interesados na súa tramitación, para os efectos do seu coñecemento.
Baiona, 27 de outubro de 2026
Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde
