DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 20 de novembro de 2026 Páx. 58034

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 28 de outubro de 2026 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración, e ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ás persoas titulares das parcelas que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto para notificar

Ref. catastral

Polígono/Parcela

Localización

Persoa interesada

Persoa responsable

Orde de execución

(Exp. 1670-2026)

Resolución inicio O.E. de data 9.10.2026

36043A043007380000JK 

(Polígono 43-Parcela 738)

A Insua

Ponte Caldelas

María Dolores Torea Fernández

Orde de execución

(Exp. 2172-2026)

Resolución inicio O.E. de data 26.10.2026

36043A010002350000JW 

(Polígono 10-Parcela 235) 

Laxoso de Abaixo

Ponte Caldelas

José Moreira

Orde de execución

(Exp. 2143-2026)

Resolución inicio O.E. de data 26.10.2026

36043A012008870000JZ

(Polígono 12-Parcela 887) 

Gradín

Ponte Caldelas

Carmen Cerqueira Martínez

Orde de execución

(Exp. 2144-2026)

Resolución inicio O.E. de data 26.10.2026

36043A012008860000JS

(Polígono 12-Parcela 886) 

Gradín

Ponte Caldelas

Antonio Barreiro

Orde de execución

(Exp. 2145-2026)

Resolución inicio O.E. de data 26.10.2026

36043A012008850000JE

(Polígono 12-Parcela 885) 

Gradín

Ponte Caldelas

Antonio Manuel Barreiro López

Orde de execución

(Exp. 2187-2026)

Resolución inicio O.E. de data 27.10.2026

36043A012007330000JA

(Polígono 12-Parcela 733) 

Gradín

Ponte Caldelas

Arminda Vidal Corbacho

Orde de execución

(Exp. 2173-2026)

Resolución inicio O.E. de data 28.10.2026

36043A010002360000JA 

(Polígono 10-Parcela 236) 

Laxoso de Abaixo

Ponte Caldelas

Elvira Boullosa Concha

Orde de execución

(Exp. 2196-2026)

Resolución inicio O.E. de data 28.10.2026

36043A012007440000JF

(Polígono 12-Parcela 744) 

Gradín

Ponte Caldelas

Leopoldo Barreiro Barreiro

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de quince días naturais para o cumprimento voluntario de xestión da biomasa na parcela citada, prazo que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia para que sirva de notificación á persoa interesada, por medio do cal se lle comunica que tanto a notificación coma o expediente se atopan á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a esta documentación a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia establece que, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas prohibidas, ou cando resulte infrutuosa a notificación da comunicación, se efectuará mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia que ha de indicar os datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia faculta a este concello para realizar a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa e para lles repercutir os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia establece a obriga das persoas responsables de lles facilitar os accesos necesarios ás entidades encargadas dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 28 de outubro de 2026

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente