DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 23 de novembro de 2026 Páx. 58121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños 1514-9743.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar de Vigo, do 26 de outubro de 2026, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 1514-9743 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 1.642,26 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa.

Actual titular: María Gardenia González Otero (***6232**).

Novos titulares: José Ramón González Otero (***1639**) e Moisés González Otero (***4937**).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior titular desde o momento da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de outubro de 2026

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo