DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 23 de novembro de 2026 Páx. 58122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de outubro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.07267, outorgada o 14 de xullo de 2004, nos concellos de Redondela e Pazos de Borbén (expediente DH.A36.100262).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Quintela.

Expediente: DH.A36.100262.

Volume total anual: 57.330,36 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 4,28 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: dez (10) mananciais e un (1) pozo situados nas parcelas 252, 266, 267, 301 e 307 do polígono 28 do Catastro de Redondela, e nas parcelas 1159, 1164 e 1167 do polígono 21 do Catastro de Pazos de Borbén.

Lugar: A Costeira (Redondela) e Areeiro (Pazos de Borbén).

Parroquia: Quintela (Redondela) e Nespereira (Pazos de Borbén).

Concello: Redondela e Pazos de Borbén.

Descrición:

A auga das captacións condúcese a dous depósitos situados nas parcelas 57 e 306 do polígono 28 do Catastro de Redondela desde os cales se distribúe a auga ás vivendas da comunidade.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira, 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 30 de outubro de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur