Conforme o establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 26 da Orde do 24 de xullo de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario ao que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea de 13 de outubro de 2026, en virtude da delegación establecida na disposición adicional primeira da Orde do 24 de xullo de 2026 (DOG núm. 140, do 28 de xullo):
– 18 proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global, por un importe global de setecentos vinte mil euros (720.000,00 €) con cargo á aplicación orzamentaria 05.07.331A.481.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2026, nas contías, beneficiarios e finalidade, que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2026
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO
Axudas para proxectos de educación para o desenvolvemento
e a cidadanía global
|
Nº exediente |
Entidade solicitante |
Denominación do proxecto |
Orzamento |
Subvención solicitada total |
Subvención concedida |
||
|
Total 2026 |
Total 2027 |
Subvención concedida |
|||||
|
PR804A-2026-00000019-00 |
Farmacéuticos Mundi agrupada con Universidade Santiago de Compostela (USC) |
A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase VII |
53.084,28 |
47.000,00 |
18.800,00 |
28.200,00 |
47.000,00 |
|
PR804A-2026-00000027-00 |
Arquitectura Sin Fronteras España (ASF E) agrupada con Universidade da Coruña (UDC) |
Agra: un barrio de coidados. Fortalecidas capacidades para a defensa do Dereito ao Hábitat, no marco da axenda 2030-ODS, desde a participación social comunitaria e a perspectiva interseccional. Fase 4 |
59.500,00 |
47.000,00 |
18.800,00 |
28.200,00 |
47.000,00 |
|
PR804A-2026-00000010-00 |
Asamblea de Cooperación por la Paz (ACPP) |
Escolas sen racismo, Escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD). ACTÚA!: Fortalecendo as actitudes e capacidades xeradoras de conciencia crítica asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social de comunidades escolares, universitarias, da base social de ACPP Galicia e sociedade civil galega |
42.686,22 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2026-00000009-00 |
Asamblea de Cooperación por la Paz (ACPP) |
Abeirar: territorios de coidados. Construíndo comunidades acolledoras dende a empatía intercultural, a igualdade de xénero e a participación social |
42.206,67 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2026-00000004-00 |
Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) |
Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Boiro, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab| Laboratorio de EpD) |
41.700,00 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2026-00000030-00 |
Arquitectura Sin Fronteras España (ASFE) |
Dereito ao Hábitat Rural para a promoción dun modelo de hábitat rural sostible basado en dereitos humanos, igualdade de xénero, promoción da cultura de paz, cidadanía global e valoración da diversidade cultural en 18 comunidades educativas do ámbito rural galego. Fase 2 |
39.891,00 |
36.991,00 |
14.796,40 |
22.194,60 |
36.991,00 |
|
PR804A-2026-00000022-00 |
Asociación de Ingeniería Sin Fronteras Galicia (ISF) |
Tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos nos ámbitos profesionais tecnolóxicos de Galicia, fase 2 (ESFpro2) |
50.960,00 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2026-00000011-00 |
Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) |
Promover a co-responsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas ao alumnado e ao profesorado de educación secundaria e superior de Galicia para contrarrestar os discursos do odio desde un enfoque de dereitos humanos, xénero e interseccionalidade (Xeración Contrainfo) |
42.000,00 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2026-00000002-00 |
Fundación Entreculturas-Fe y Alegría |
#EuNonSonFake: Mocidade de Galicia e Guatemala impulsando narrativas transformadoras fronte aos discursos de odio e a desinformación (fase II) |
41.345,00 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2026-00000006-00 |
Fundación Taller de Solidaridad |
Enredadas no Cambio: Educar para emprender a vida |
47.561,60 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2026-00000031-00 |
Asociación de Ingeniería Sin Fronteras Galicia (ISF) |
Hackers Sen Fronteiras. Tecnoloxías para o Ben Común e os DDHH con enfoque de Cidadanía Global no ensino secundario de Galicia. Fase 3 |
48.515,00 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2026-00000026-00 |
Asociación Ecos do Sur agrupada con Universidade de Santiago de Compostela (USC) |
ODiSeIA: educación, participación e mobilización para reducir o impacto das narrativas de odio e anti cooperación co Sur Global |
56.302,96 |
46.999,07 |
18.799,63 |
28.199,44 |
46.999,07 |
|
PR804A-2026-00000012-00 |
Fundación Ayuda en Acción agrupada con Educo, Entreculturas, Taller de Solidaridad |
Campaña Mundial pola Educación 2027 |
57.284,00 |
47.000,00 |
18.800,00 |
28.200,00 |
47.000,00 |
|
PR804A-2026-00000024-00 |
Solidariedade Internacional de Galicia (SIG) |
O Globo. Fomentando a cultura participativa con enfoque de ECG e feminista mediante a creación de procesos e espazos que visibilicen, conecten e impulsen o activismo social e a participación cidadá transformadora, tanto dentro como fóra do sistema educativo galego |
42.005,03 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2026-00000028-00 |
Fundación Balms para la Infancia agrupada con Cidel Galicia |
Replay Mocidade x dereitos. Conectar para transformar. Fase I |
61.750,50 |
47.000,00 |
18.800,00 |
28.200,00 |
47.000,00 |
|
PR804A-2026-00000005-00 |
Asociación Amigas da Terra |
Rede de Eco Hortas Escolares |
38.996,45 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2026-00000029-00 |
Asociación Cidel Galicia agrupada con Universidade de Vigo |
Senda 2030. Xeración Eco-Étika: Construíndo cidadanía global dende as aulas a través da ciencia cidadá e a participación |
55.140,00 |
47.000,00 |
18.800,00 |
28.200,00 |
47.000,00 |
|
PR804A-2026-00000001-00 |
Fundación Intered |
Quen Sabe? Mulleres en diálogo para transformar os imaxinarios sobre a sustentabilidade da vida |
33.609,93 |
31.009,93 |
12.403,97 |
18.605,96 |
31.009,93 |
|
288.000,00 |
432.000,00 |
720.000,00 |
|||||
